31 de outubro de 2013

Aforismos de Leonardo

126.- Entre as ciencias inimitables está en primeiro lugar a pintura. Ela non se ensina a quen non ten don natural, ao contrario das matemáticas, nas que o discípulo recibe tanto canto o mestre ensínalle; nin se copia como as letras, nas que tanto vale a copia como o orixinal; nin se modela como na escultura na que o obxecto modelado equivale ao orixinal; e en canto á fecundidade da obra, esta non produce infinitos fillos como ocorre cos libros impresos. Só ela conserva a súa nobreza, só ela honra ao seu autor, e queda preciosa e única sen parir fillos iguais a ela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario