23 de outubro de 2013

Fragmento de Xente de Mala Morte

Texto de Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, así que hoxe está de aniversario.

Non todo o mundo sabía que aínda que semellase andar cabreado, Lucas Freixomil disfrutaba enormemente cando á súa motocicleta lle fallaba o motor ou se desartellaba algunha das pezas do chasis. A xente ignoraba esta particular felicidade cando observaba, e moitas veces padecía, as súas iradas respostas ou os seus irónicos comentarios seguidos dun risiño burleiro. Por iso todo o mundo falaba do enfurruñamento coma unha das características fundamentais da personalidade de Lucas Freixomil. Sen embargo ignoraban que o home, ademais do tabaco de picadura, amaba os arranxos e as ferramentas, o cheiro inconfundible do aceite requeimado, e, sobre todo, amaba andar cabreado porque deste xeito non tiña que manter unha incómoda calma doméstica ou conversas con calquera veciño que lle fixese perder o seu precioso tempo e impedise o seu illamento. 

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario