29 de outubro de 2013

Inicio de UN AGASALLO DA TERRA

Texto de Fredric Brown, nado o 29 de outubro de 1906 en Cincinnati, que foi un escritor de ciencia ficción e misterio, coñecido polos seus contos caracterizados por grandes doses de humor e finais sorprendentes.

UN AGASALLO DA TERRA
Frederic Brown

Dhar Ry meditaba a soas, sentado na súa habitación. Desde o exterior chegoulle unha onda de pensamento equivalente a unha chamada. Dirixiu unha simple mirada á porta e fíxoa abrirse.
- Entra, meu amigo - dixo -  Podería facerlle esta invitación por telepatía, pero, estando a soas, as palabras resultaban mais afectuosas.
Ejon Khee entrou.
- Estas erguido aínda e é tarde.
- Si, Khee, dentro dunha hora debe aterrar o foguete da Terra e desexo velo. Xa sei que aterra a unhas mil millas de distancia, se os cálculos terrestres son correctos. Pero aínda cando fose dúas veces mais lonxe, o resplandor da explosión atómica seguiría a ser visible. Esperei moito deste primeiro contacto. Aínda que non veña ningún terrícola nese foguete, para eles será o primeiro contacto connosco. É certo que  os nosos equipos de telepatía estiveron lendo os seus pensamentos durante moitos séculos, pero este será o primeiro contacto físico entre Marte e a Terra.
Khee acomodouse no escabel.
- En efecto - dixo -. Ultimamente non seguín as informacións con detalle. Porque utilizan unha cabeza atómica? Sei que supoñen que o noso planeta esta deshabitado, pero aínda así...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.