27 de outubro de 2013

ESTEVAN DA GUARDA [B 1309 / V 914]

ESTEVAN DA GUARDA [B 1309 / V 914]

Pois que te preças d'haver sén comprido
en trobar ben e en bõa razón,
non faz mester a ti, Fernán Chancón,
d'ir entençar come torp'e avorrido
nen te loares come quen s'engana,
e de palavras torpes e d'oufana
e de posfaço seeres partido;
ca sempre contan por encividade
ao pastor preçar-se de gran sén
nen gran saber; por end'a ti convén,
en quanto es atán pastor d'idade,
pois en tal alta razón meter-t'ousas,
que punhes sempre, antr'as outras cousas,
de seeres partido de torpidade.

Non entendas que fazes i cordura
d'ires assí come torpe entençar,
atrevendo-te que sabes trobar,
ante metes i teu feito en ventura;
por én non queiras seer enganado
en tal razón, mais sei sempr'acordado
de seeres parado de loucura.

E pois en al es mans'e mesurado,
non entences: sequer, serás loado
no én que tu es partido de bravura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario