20 de agosto de 2018

Ortografía

Úsanse os puntos suspensivos
1. Para interromper unha oración expresando temor,
dúbida, reticencia, intriga, emoción...
Non sei... Non sei... Xa veremos.
2. Para indicar que unha enumeración está incompleta
ou queda aberta.
Os principais escritores galegos firmaron
ese manifesto: Manuel Rivas, Suso de Toro,
Xosé Carlos Caneiro...
3. Para indicar que se evita unha palabra malsoante.
Non te quero ver diante. Vai á m...!
4. Para sinalar a eliminación de parte dun texto
que se cita, normalmente entre parénteses.
Que din os rumorosos (...) ao raio transparente
do prácido luar?
Despois dos puntos suspensivos...
Pódese escribir calquera outro signo de puntuación
agás o punto.
Cando decidas a marca, o modelo, a cor...,
acompáñote a buscar coche.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.