27 de agosto de 2018

Ortografía

Os signos de interrogación e exclamación empréganse na escrita para marcar a entoación
interrogativa ou exclamativa.
Úsase o signo de interrogación [ ? ]
Para marcar onde remata unha pregunta.
Cando volves?
Fostes á festa?
Úsase o signo de exclamación [ ! ]
Para marcar onde remata unha exclamación.
Que sorpresa!
Estou farto!
Usos especiais
1. Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades pódese marcar o inicio da pregunta ou da exclamación
cos signos [ ¿ ] ou [ ¡ ], respectivamente.
Eu quedo, ¿ou queres que marche?
¿Eu quedo, ou queres que marche?
2. Se se suceden varias preguntas ou exclamacións, poden separarse por comas; nestes casos
só a primeira comeza por maiúscula.
Onde estabamos?, que sitio estraño era aquel?, a onde nos levaran?
Se os consideramos elementos independentes, poden ir sen comas e comezan sempre por
maiúscula. Despois do signo de interrogación e do de exclamación nunca pode escribirse
punto.
Onde estabamos? Que sitio estraño era aquel? A onde nos levaran?
3. O signo de interrogación entre parénteses pode usarse para indicar dúbida sobre un dato.
Ese escritor emigrou a Cuba en 1912 (?)
4. O signo de exclamación pode ir duplicado cando se desexa reforzar a expresividade da oración:
máis sorpresa, máis alegría, máis enfado...
Calade xa!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.