325.- Hai da imaxinación ao efecto a mesma proporción que da sombra ao corpo que a proxecta, e esa mesma proporción existe entre a poesía e a pintura. Porque a poesía representa as cousas coa imaxinación, literaria, mentres que a pintura represéntaas fóra do ollo, en forma real, despois de recibir do ollo mesmo as imaxes, non doutro xeito que se fosen as cousas naturais. A poesía non dá esa imaxe das cousas, as cales non son por ela percibidas seguindo o camiño das impresións visuais, como ocorre coa pintura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.