6 de agosto de 2018

Orrtografía

O punto e coma indica unha pausa de duración
media, maior ca a da coma e menor ca a do punto.
Úsase o punto e coma
1. Para separar elementos dunha enumeración
cando dentro deles xa hai algunha coma.
Esta é a aliñación: de porteira Xoana; na
defensa Clara, Lucía, Neves e Iria; na media
Paula, Ana, Marta e Inés; na dianteira Carme
e Tareixa.
2. Para separar proposicións xustapostas, especialmente
cando nestas se usou a coma.
O neno, eufórico, saltou e berrou; o seu
equipo acababa de marcar un gol.
3. Diante de conxuncións como: non obstante,
mais, pero, en cambio, así que, polo tanto, daquela...,
especialmente en oracións longas.
Os xogadores preparáronse intensamente
durante todo o mes; non obstante, os resultados
non foron os que o adestrador
agardaba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario