17 de abril de 2016

LOURENÇO

LOURENÇO [V 1033]


Pedr'Amigo dúas sobervias faz
ao trobar e queixa-se muit'én
o trobar, aquesto sei eu mui ben:
ca diz que lhi faze de mal assaz,
con seus cantares vai-o escarnir;
ar diz que o leix'eu, que sei seguir
o trobar e todo quant'en el jaz.

E aquestas sobervias dúas son,
que Pedr'Amigo en trobar vai fazer:
ena ua vai-o escarnecer
con seus cantares, sempre en seu son,
ena outra vai a min desloar:
desto se queixa mui mal o trobar
ca ten comigo én toda razón.

Mais dizede: por que lho sofrerei
a Pedr'Amigo, se me mal disser
de meus mesteres, poi-los ben fezer,
e o trobar de mí ja partirei?
Se el sen-conhocer per ficará
do que me diz, quen-quer veerá
que faço ben est'a que me filhei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario