Francisco Xabier Puente Docampo naceu en Rábade o 5 de abril de 1946, mestre, escritor, contacontos e actor de teatro.
O CUMPREMORTES
Gustaríalle poder recordar todo canto fixera o día que recibiu a primeira carta, pero xa había tantos anos que se lle escapaban moitísimos detalles. Tampouco tiña agora tanta importancia aquilo, nada do de atrás era mudable. O xa pasado iría con el para sempre, acertos e erros formaban un todo indivisible que se chamaba pasado inamovible. Debería concentrar todas as súas forzas no tempo que tiña por diante, e moito máis agora que pensaba que xa lle quedaba pouco. Aquela mañá recibira por tan estraño correo o mesmo sobre sen remitente que lle chegara tal día coma hoxe do ano pasado e mais do anterior. Era un sobre dos que se chamaban de loito, tiña unha fita negra arredor de toda a beira. Dentro unha tarxeta orlada igualmente de negro e atravesándoa toda o texto: ¡Feliz cumpremortes! Abaixo, na esquina dereita, a data.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.