24 de abril de 2016

MARTÍN ANES MARINHO

MARTÍN ANES MARINHO [B 1621 / V 1154]

Ena primeira rúa que cheguemos,
guarnir-nos-á Don Foán mui ben
dun pan'estranho que todos sabemos,
dua gualdrapa perrexil que ten;
e as calças serán de melhor pano:
feitas serán de névoa d'antano;
e nós de chufas guarnidos seremos.

E prometeu-m'el ua bõa capa,
ca non destas maas feitas de luito,
mais outra bõa, feita de gualdrapa,
cintada, e de non pouco nen muito;
e ua pena, non destas mizcradas,
mais outra bõa, de chufas paradas;
ja m'eu d'aquí non irei sen a capa.

Viste-lo potro coor de mentira,
que mi antano prometeu en janeiro,
que nunca home melhor aquí vira?
Criado foi en Castro Mentireiro.
E prometeu-m'uas armas entón,
non destas maas feitas de León,
máis melhores, d'Outeir'en Freixeeiro.


Con grande lavor mi deu a loriga,
e toda era de chufas viada;
e, como quer que vos end'eu al diga,
nunca mi a home viu na pousada;
e atán cravelada de mensonha
e tan lev'era, que ben de Coronha
a tragería aquí ua formiga.


E prometeu-m'ua arma preçada,
como dizen os que a conhoceron;
"gualdrapa fariz" havía nom'a espada,
de mouros foi, non sei u x'a perderon;
e perponto mi prometeu logu'i
de nevoeiro, e eu lho recebí,
que me pagass', a seu poder, de nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario