16 de abril de 2016

Fragmento de "O sol na crista do galo" de Manuel Lueiro Rei.

Felisa, aos dous días tan soio, manexaba o fusil coa mesma habilidade ca unha vasoira, e foi das primei-ras mulleres que saíron pró fronte a loitar descontra os feixistas.
Cando os primeiros camións chegaron ao pobo de Guadarrama, ollaron as casas derrubadas, e ansí como ían sobindo a costa, fixouse nun edificio moi grande tamén derrubado sen dor polos feixistas, i ao preguntar qué era aquilo, alguén dixo que era o Preventorio da tisi pra nenos. Denantes de chegar ao porto, baixaron dos camións, e fóronse despregando en guerrillas antre os piñeirales.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario