12 de abril de 2016

Fragmento de Xa vai o Griffón no vento, de Alfredo Conde

O avogado da célebre actriz era medio louro e tiña o pelo encrechado; por poñer un exemplo que lle sería grato ó vello profesor: tiña cara de anxiño pasado por auga: as guedellas pingándolle pola fronte, que lucía incipiente, algo máis que incipiente; se temos que ser exactos: alopecia progresiva. Vestía, aínda por riba, un traxiño azul de executivo, ou de hortera de grandes almacéns, que axudaba a frivolizar cunha camisa de raias azuis e brancas, rematadas nun colo, branco e duro, neglixentemente desabotoado.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario