27 de abril de 2016

Texto de Canle Segredo, de Xosé María Álvarez Blázquez

Por iste camiño branco e silandeiro,
onde agora eu sinto
o peso do mundo cangado na ialma,
andiven un día
lixeiro, oufegante, ledo, descoidado...

Por iste camiño,
Señor,
torno agora ondia o teu cruceiro
e, coma un feitizo,
atopo no fuste as mesmas sinales
que eu grabéi un día,
brincando, de neno...

Ningún comentario:

Publicar un comentario