6 de abril de 2016

Fragmento de Última Fuxida a Harar

Texto de Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992.

MEU capitán, é hora, é hora 
de limpar os fanais, os astrolábios, 
de abrir as caixas de ébano, 
de polir bronces, de airear as bandeiriñas do pañol e ver 
esas chamas no ar de proa a popa.

É hora de prender lume na tarde!

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario