30 de abril de 2016

Fragmento de "Homes de Ningures" de Xoán Ignacio Taibo.

Galiza, 1967

Da terra onde nacera nada recoñeceu, a non ser as choivas que mollaban os ósos, o tanguer das campás no val e as brétemas mañanceiras. Había corredoiras acuguladas de lama corao nunca Breixo supuxera, rapazas vermellotas e grosas, feas como mozos e doces como nunca tampouco puido imaxinar, a turrar polos bois, e vellas vestidas non máis que en negro, que todo canto houbese para transportar levaban en col da cabeza, aínda que nada tiñan dentro. Sentiuse estran-xeiro como en ningures o fora, e un día case chegou a morrer de soidades vendo chover pingotas arreo nas leiras irregulares, nas fragas lonxíncuas, nos montiños que perfilaban o horizonte, máis particularmente no groso vidro informe da fiestra.
Por ver a aldea perdida onde nacera fixo un lon-go percorrido por camiños que non acollían vehícu-los de motor, camiños de bois onde non cabía un carro, camiños de néboa e de friaxe cheos de emi-grantes que ían como pantasmas no senso contrario

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario