O CIRCUÍTO COMPASIVO
John Wyndham
Aos cinco días do seu ingreso no hospital, Janet cambiou de parecer acerca dos robots domésticos. Necesitou dous para descubrir que a enfermeira James o «era»; un para reporse da sorpresa, e outros dous para darse conta do cómodo que podía ser un servente robot.
Aquel cambio foi un alivio. En todas as casas que visitara tiñan un, que ocupaba o segundo ou terceiro lugar entre as cousas máis apreciables da familia; as mulleres valorábano un pouco máis que o automóbil e os homes un pouco menos.
Desde facía tempo, Janet sabía que as súas amizades a consideraban como unha persoa de poucos alcances ou peor aínda, porque se fatigaba en coidar a casa, que calquera robot mantería limpa con cinco horas de traballo ao día.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.