3 de abril de 2016

Fragmento de "Homes de Ningures" de Xoán Ignacio Taibo.

París, 1974

Breixo era un sentimental, que por todas partes levaba a morriña dos lugares que coñecera. Voltou a París só por tentar repetir a Historia, como se tal puidese acontecer, esquecendo as sabias palabras que dez anos atrás, en Buenos Aires, escoitara ao vello Maceiras. Mais velaquí que, aos vinte días de chegar a un novo faiado no Montparnasse, se ergueu unha mañá para pintar e facer música, como tiña mentes a cotío, e cando os seus ollos se abriron foi como se non os tivese porque, non soubo como, encegara.

Ninguén llo soubo tratar, ninguén atopou amaño ou explicación, e o cadro que Breixo tiña a penas comezado e que falaba da beleza da muller moura ficou arrombado á par doutros non vendidos, que o autor non vería máis.


...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.