23 de abril de 2016

De "Os escuros soños de Clío" de Carlos Casares.

De todos é coñecida a desgraciada influencia que a xerarquía e o clero galego tiveron no desenvolvemento e a orientación dalgúns destacados acontecementos da historia de Galicia durante os primeiros anos do século xix. O bispo de Ourense, don Pedro Quevedo e Quintano, a quen aludimos de pasada ao falarmos de san Pedro Novo, foi declarado "indigno de la consideración de español" polas Cortes de Cádiz e expulsado de Espa-ña. O arcebispo de Compostela, don Rafael de Vélez, e a maior parte dos seus cóengos levaron a cabo un im-portante labor obstruccionista contra a obra lexisladora das Cortes de 1812. As solemnes festas celebradas na cidade do Apóstolo para conmemorar a restauración da Inquisición en 1814 foron promovidas e custeadas con cartos procedentes de xente con sotana. Finalmente, o fracaso do pronunciamento de Porlier na Ponte Sigüei-ro, en setembro de 1815, foi posible gracias, entre outras cousas, á acción do cabido compostelán.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.