29 de abril de 2016

Fragmento de "Cara a Times Square" de Camilo Gonsar

Non o volvín ver, nin volvín saber máis nada del; pero en realidade non preciso novas noticias para decatarme de que os dous únicos camiños que lle quedan abertos son, ou un mental hospital, ou o suicidio.
O Belga pronunciou este escuro presaxio con certo ton de profeta tráxico. Foi a única vez que lle oín este ton.
Segundo o Amigo Inglés, sen ser propiamente un Beatnik, o Amigo Alemán tiña, así e todo, certa semellanza cos Beatniks, continuou o Belga.
Eu pedinlle ao Belga que me explicase con algunha claridade qué eran os Beatniks, porque eu aínda non me enteirara ben.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario