8 de abril de 2016

Inicio de A FILLA DO XIGANTE XEADO

A FILLA DO XIGANTE XEADO
Robert E. Howard

O fragor metálico das espadas e as machadas de guerra extinguiuse; os berros das matanzas foron silenciados, e agora reinaba o silencio sobre a neve tinguida de vermello. O pálido sol que brillaba cunha luz cegadora sobre os campos xeados e as chairas cubertas de neve arrincaba escintileos de prata das corazas fendidas e das armas crebadas diseminadas polo campo de batalla no que xacían os mortos. As mans sen vida aínda aferraban as rotas empuñaduras das espadas; as cabezas cubertas con cascos e botadas cara atrás no último estertor, alzaban lúgubremente contra o ceo as barbas vermellas e douradas, como nunha última invocación a Ymir, o xigante xeado, deus dunha raza guerreira.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.