28 de abril de 2016

Aforismos de Leonardo

234.- Se dixeses que os mariscos fósiles que ven nos confíns de Italia, nos nosos tempos, lonxe do mar e a gran altura, están alí por causa do diluvio bíblico, contestareiche que, crendo ti que o tal
diluvio, superou en sete cóbados ao monte máis alto -como escribiu o que o mediu-, eses mariscos, que sempre están veciños ás costas do mar, deberon quedar sobre as montañas e non tan preto da súa base e por capas a nivel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario