26 de abril de 2016

Fragmento de "O velorio" de Francisco Taxes

Don Xurxo: ¡Acúdeme Xusto! ¡Céibame distes ladróns!
XUSTO: ¡Pregan o seu!
Don xurxo: ¿Ti tamén? (cuspe con desprezo) ¡Castróns! ¡Matalotes! ¡Arriádeme!
CHONE: (zoupándolle outro baloucazo) ¡Arría ti! ¿Onde gardaba o porco do teu pai a nosa suor...? (zóupalle) ¿Onde?
Don Xurxo: (con desprezo) ¡Denantes morro!
Chone colle un coitelo e vai cara a il paseniño e, paseniño, estricando a verba, pergúntalle:
CHONE: ¿Onde...?
Don Xurxo: ¡Denantes morro, fillo dunha puta...! (tíralle un couce) ¡Denantes morro!
CHONE: (tirándose a unha banda primeiro —pra escudar o couce—, e adiante despois, crávalle o coitelo:) ¡Pois morre!
Lecha ceiba un laio. Minguiño e Manoel soltan a don Xurxo que cae morto. Todos ollan arrepiados a Chone. O alcol botouse fóra.
XUSTO: (que estaba sentado ó pé da mesa, érguese e indo a canda il, dille) ¿Que fixeches, Chone...? (pásalle a man pola face pra darlle azos e despois vai hastra don Xurxo e arríncalle o coitelo do peito. Mira o sangue que esvara pola folla e volve perguntar docemente) ¿Que fixeches, Chone...?
CHONE: (demudado) ¡Tiña que ser.! ¡Tiña que ser...!

....

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.