27 de marzo de 2015

Inicio de DALIA

FELIX J. PALMA
DALIA

Chamouna Dalia sen saber moi ben por que. Talvez porque lle soaba a nome de flor exótica e misteriosa e aquela moza representaba eses dous  adxectivos coa maior fidelidade; o certo é que os seus beizos necesitaban desesperadamente un nome ao que agarrarse e a imaxe daquela rapariga, por esas caprichosas asociacións do subconsciente, fixo xurdir na súa mente aquel nome e non outro. 

Dalia, si, e que confort daba pronuncialo, como lle enchía a boca, redondeado e líquido, aquel nome que se prestaba por igual ao queixume ou a devoción. Dalia, exótica e misteriosa, e cantas cousas atopara el na súa vida merecedoras deses dous adxectivos capaces de dislocar a máis tranquila das existencias?

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario