26 de marzo de 2015

Aforismos de Leonardo


181.- Aínda que o tempo cóntase entre as cantidades continuas, sendo el invisible e incorpóreo, non cae baixo o dominio da xeometría, a cal divide os corpos en figuras e sólidos de infinita variedade, como se ve que ocorre constantemente nas cousas visibles e corpóreas; só coincide con ela nos primeiros principios, a saber: o punto e a liña. O punto, no tempo, tradúcese polo instante; e a liña aseméllase a un intervalo de tempo; e así como os puntos son principio e fin da devandita liña, os instantes son termo e principio de calquera intervalo de tempo dado; e se a liña é divisible ao infinito, o intervalo de tempo tampouco repugna a tal división; e se as partes en que se dividiu a liña son proporcionais entre si, tamén serán entre si proporcionais as partes do tempo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario