4 de marzo de 2015

Inicio de Perdido no banco de memoria

Perdido no banco de memoria
John  Varley

Era día de escola no disneylandia de Kenia. Cinco nenos de nove anos estaban a visitar co seu mestre a sección de medicánica, onde Fingal achábase tendido na mesa de gravación, a parte superior do seu cranio quitada, mirándolles por medio dun espello. Fingal estaba de mal humor (de aí a súa viaxe ao disneylandia), e pasaría moi ben sen os nenos. O mestre estaba a facer todo o que podía, pero... quen pode controlar a cinco nenos de nove anos?
-Para que é o gran cable verde, mestre? - Preguntou unha neniña, alzando unha man dubidosamente limpa e tocando o cerebro de Fingal alí onde o cable principal de gravación afundíase na terminal encaixada.
-Lupus, xa che dixen que non toques nada. E míra, nin sequera laváchesche as mans.
O mestre tomou a man da nena e apartouna.
-Pero que importa iso? Vostede díxonos onte que a razón pola que non hai que preocuparse hoxe en día pola sucidade como se preocupaban antes é porque xa non é sucidade.
-Estou seguro de que non che dixen exactamente iso. O que dixen foi que cando os humanos víronse obrigados a saír fóra da Terra, aproveitaron a ocasión para eliminar todos os xermes nocivos. Cando quedaron sólamente tres mil persoas vivas na lúa, despois da Ocupación, resultounos fácil esterilizarlo todo. Por iso a médica non necesita levar luvas como afacían antes os cirurxiáns, ou nin sequera lavarse as mans. Non hai perigo de infección. Pero non é educado. Non desexamos que ese señor crea que non estamos a ser educados con el, simplemente porque o seu sistema nervioso está desconectado e non pode facer nada respecto diso, non?
-Non, mestre.
-Que é un cirurxián?
-Que é unha infección?
Fingal desexaría que os pequenos monstruitos elixisen outro día para a súa lección, pero como moi ben dixera o mestre, el podía facer moi pouco respecto diso. A médica desviara o seu control motor ao computador mentres este efectuaba o rexistro. Estaba paralizado. Observou ao neno pequeno que levaba un bastón tallado, e esperou que non se lle ocorrese cravarllo no cerebelo. Fingal estaba asegurado, pero quen quere problemas?
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.