11 de marzo de 2015

Fragmento de Os dados de Deus, de Arturo Lezcano.

Arturo Lezcano Fernández naceu en Ourense en 1939, xornalista e escritor galego.

O AUTÓGRAFO

O home grande estaba só coa azafata no pequeno bar do avión.

Como o aparato viña de Cuba e o señor aquel era un fraco largueiro coa única horizontalidade da barba preta, o cabelo case tamén enteiramente preto, recoñecino de certo.
—Señor Cortázar, ¿ten inconveniente en asinarme un autógrafo?
—Eu non sabía que aínda era tan coñecido —respondeu, volvéndose sorrinte.
Colleu a folla da axenda e trazou a súa asinatura coma un deseño, cos seus dedos que se dobraban en novas falanxes onde rematan as dos demais, man vella, o único vello, dun vello que semellaba adolescente.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.