3 de marzo de 2015

SOMOS POTENCIA

SOMOS POTENCIA:
DGM

Cristóbal Colón, Hernán Cortés, Orellana, Elcano..., 15 edicións de Gran Irmán e hordas de mozos (científicos) sen futuro son o mellor caldo de cultivo para que en 2023 un pé español remova as areas do planeta vermello, ou faga o primeiro edredoning marciano...xa o veredes, xa hai quen se frega as mans.

(La Voz de Galicia) "Case 40 españois foron preseleccionados para viaxar a Marte co proxecto MARS ONE, que se comprometeu a instalar un asentamento humano no planeta vermello a partir do 2023. O pasado mes de decembro, a compañía realizou a súa primeira rolda de selección e dos máis de 200.000 candidatos o número reduciuse a 1.058. Entre os preseleccionados hai representantes de 107 países. Estados Unidos é o máis representado, posto que foron preseleccionados 297 dos seus candidatos; seguido de Canadá, con 75 candidatos, India con 62, Rusia con 52 e Australia con 43. A falta de confirmación oficial, España está entre o dez primeiros países, xunto a China ou Reino Unido que teñen 40. (...)"

Ningún comentario:

Publicar un comentario