
Despois métese na casa do veciño. Eu non sabía que facer e cando me decato co neno non volvía saír, métome a buscalo sen dubidar, atópoo nunha habitación chea de xoguetes.
Desde dentro escoitamos persoas no corredor, un home calvo abre a porta, xa mo esperaba e coloco as miñas mans coma se estivese a agarrar un martelo invisible, movo as miñas mans coma se con este martelo poidese cravalo en toda a cabeza e dígolle:
- Isto representa que xa estas fóra de combate pero se queres pégoche de verdade

El pon cara de querer pegarme e eu adiánteme cun golpe co xeonllo nas súas partes e despois lánzoo de cabeza contra a parede deixándoo inconsciente.
Detrás del había outros dous personaxes máis raros cos que tamén pelexo mentres escapo por unhas escaleiras abaixo, un deles levaba unha roupa escura de ritual, parecía un acólito.
Recollido de cazandosonos.blogspot.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.