29 de marzo de 2015

Elixindo camiños

Estou no meu antigo colexio con dous compañeiros. Eu fago unha cousa que non se podía facer cuns papeis, antes de que me pillen decido fuxir.

Consigo saír á rúa, métome no primeiro coche que vexo, cando xa o estou conducindo decátome de que era un coche da policía, non me podo deter e sigo de camiño á casa. Chegado a un punto do traxecto atópome nun cruce, dúas estradas, unha grande e transitada coa que chego en minutos e outra secundaria, en mal estado e sen apenas trafico. A dúbida dura escasos segundos, decido coller a vía principal e chegar o máis pronto posible.

Na primeira curva atópome cun coche patrulla en dirección contraria, non lle dá tempo a pararme pero avisa aos demais. No seguinte xiro xa estaban alí, outro coche parado bloqueando ambas as direccións, só unha opción pasa pola miña cabeza, acelero directo ao até chocar. Co accidente aparece a miña oportunidade, veciños e paisanos achéganse a mirar, os policías quedaran conmocionados e distraídos entre o fume e só preocupábanse de sacar aos seus compañeiros do vehículo destruido, saio do coche e empezo a correr en dirección ao bosque.

Estou a correr no medio da fraga, os policías búscanme, escoito as súas sirenas resoar na distancia, cada vez o seu ruído ensordecedor nótase máis forte. De súpeto catro policías sorpréndenme, un en cada dirección empuñando unha pistola cada un. Un deles, o que me detivo de fronte dime:

- Perdiches

Dispara ao meu peito e caio morto. Permanezo caído e inconsciente un segundos pero pouco despois recupero a consciencia, levanto a cabeza e miro para o policía que me disparou, un home de cor, calvo e vestido co uniforme verde.
Diríxeme de novo unhas palabras:

- Agora poderás volver vivir pero non seras ti mesmo. Todo o que tiñas, toda a xente que coñecías desapareceu para ti.

Recollido de cazandosonos.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.