24 de marzo de 2015

DO TOFFEE AO TOFU

Desde o de Masterchef Junior as nosas fillas utilizan novas palabras/palabros tales como "cocción" (papá ao teu pito ao curry fáltalle cocción) "empratar" (mamá nos empratas a ensalada?) "ao momento" (os nuggets fritos querémolos "ao momento") "sofrito" (posme máis "sofrito", porfi?), "glute" (e o ketchup ten glute?) "vongole" (papá que era vongole?), "rissoto" no canto de arroz, "parmesano" cando antes era queixo, "marinado" a todo o que teña herbiñas, "textura", até o colacao tena agora, "cruxinte de" (cando algo llo frío de máis) e a miña favorita: "tofu", pois agora, calquera cousa acaba convertida, coitelo e paciencia materna mediante, nun dadiño de tofu de alta cociña.
...quizá non mellorásemos no culinario, pero no lingüisticooooo, coidadiño...
Pasaráselles...

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario