25 de marzo de 2015

Fragmento de Náufragos en Terra, de Xosé Manuel Martínez Oca.


Ia de mal talante. A frialdade, cada vez máis agresiva, que constataba na casa, a calor na rúa, perder, anque só fose por unha tarde, o serán de conversa cos amigos, amolábano. Pero ó coller rúa arriba, pasada a fundición do Malingre, a lembranza dos vellos tempos empezoulle a temperar o xorne. Alí estaba a igrexa do Anxo da Garda, o templo de Doña Angelita, as torres ameadas dos edificios anexos, o portón da entrada, auténtico castelo dos soños, a compracencia fácil daquel neogótico que de tal xeito o namorara ó chegar á cidade, o barrio no que se instalara disposto a rachar coa aldea e co atraso e coa miseria para sempre. E do que sairía para se converter nun señor con comercio na Praza Maior e respectable tertulia de amigos no Orfeón. Un triunfador.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario