19 de novembro de 2013

ESTEVAN DA GUARDA [B 1312 / V 917]

ESTEVAN DA GUARDA [B 1312 / V 917]

Rui Gonçalvis, pero vos agravece
porque vos travou en vosso cantar
Joan'Eanes, vej'eu el queixar
de qual deosto lhi de vós recrece:
u lhi fostes trobar de mal dizer
en tal guisa, que ben pod'entender
quen quer o mal que aí lhe parece.

Por én partid'este feito de cedo,
ca de mal dizer non tirades prol;
e como s'én Joan'Eanes dol
ja de vós, perdeu i vergonha e medo,
ca entend'el que se dev'a sentir
de mal dizer que, a seu olho, vir
que pode log'acertar con seu dedo.

Pois sodes entendud'e havedes vista,
sabede agora catar tal razón,
per que venha este feito a perdón;
e por parardes milhor a conquista,
outorgad'ora, senhor, que vos praz,
se mal dizer no vosso cantar jaz,
que o poedes tod'á nossa vista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario