A cidade e os cans
Comecei a escribir A cidade e os cans no outono de 1958, en Madrid,
nunha tasca de Menéndez y Pelayo chamada El Jute, que miraba ao parque do
Retiro, e termineina no inverno de 1961, nunha bufarda de París. Para
inventar a súa historia, debín primeiro ser, de neno, algo de Alberto e do Jaguar,
do serrano Cava e do Escravo, cadete do Colexio Militar Leoncio Prado,
miraflorino do Barrio Alegre e veciño da Perla, no Callao; e, de adolescente,
ler moitos libros de aventuras, crido na tese de Sartre
sobre a literatura comprometida, devorado as novelas de Malraux e
admirado sen límites aos novelistas norteamericanos da xeración perdida,
a todos, pero, máis que a todos, a Faulkner. Con esas cousas está amasado o barro
da miña primeira novela, máis algo de fantasía, ilusións xuvenís e disciplina
flaubertiana...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.