14 de novembro de 2013

Aforismos de Leonardo

127.- Como se ve aos soberanos reis do Oriente andar velados e cubertos, pensando que diminuiría a súa fama se publicasen e divulgasen a súa presenza, así vemos con frecuencia as pinturas que representan as divinas deidades, cubertas con preciosos cortinados, e non llas descobre sen previas solemnidades eclesiásticas de diversas músicas e cantos. E apenas descubertas, a gran multitude do pobo congregado se prosterna adorando e pedindo o restablecemento da saúde perdida ou a salvación eterna, nin máis nin menos que se o Ser figurado pola pintura estivese alí presente e vivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario