13 de novembro de 2013

Fragmento de Os dados de Deus, de Arturo Lezcano.

Arturo Lezcano Fernández naceu en Ourense en 1939, xornalista e escritor galego.

UTOPÍA

"Non é fácil comprendermos o concepto de utopía", recoñeceu de entrada o catedrático, deixando perder a ollada máis alá do último escano do anfiteatro da Universidade Universal Carlomagno.
"Houbo utopías case desde que o home botou a pensar e pensarse, e achou que a organización política, económica, educativa e sobre todo social, era insatisfactoria, cumprindo concibir unha sociedade distinta, na que quedaran superadas as discriminacións, os enfrontamentos, as causas das loitas e a quebra da solidariedade. A partir da República de Platón, pasando pola Utopía por antonomasia de Moro, ata as inxenuas ilusións progresistas de un H. G. Wells, por exemplo.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.