2 de novembro de 2013

2ª Parte de 20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXXVII)

10. As hulleiras submarinas 

Esperteime moi tarde ao día seguinte, 20 de febreiro. As fatigas da noite prolongaran o meu soño até as once. Vestinme con rapidez porque me apremaba a curiosidade de coñecer a dirección do Nautilus. Os instrumentos indicáronme que seguía con rumbo Sur a unha velocidade dunhas vinte millas por hora e a unha profundidade de cen metros. Chegou Conseil e conteille a nosa expedición nocturna. Como os cristais non estaban tapados, foille dado ver aínda unha parte do continente mergullado. En efecto, o Nautilus navegaba a uns dez metros tan só do chan formado pola chaira da Atlántida. Corría como un globo impulsado polo vento por encima das pradarías terrestres; pero máis apropiado sería dicir que nos achabamos naquel salón como no vagón dun tren expreso. Os primeiros planos que pasaban ante os nosos ollos eran rocas fantasticamente recortadas, bosques de árbores pasadas do reino vexetal ao mineral e con inmóbiles siluetas que parecían acenar baixo a auga. Había tamén grandes masas pétreas alfombradas de ascidias e de anemóns, entre as que ascendían longos hidrófitos verticais, e bloques de lava extrañamente moldeados que testemuñaban o furor das expansións plutónicas.
Mentres observabamos esa estraña paisaxe que resplandecía baixo a luz eléctrica, contei a Conseil a historia dos atlantes que tantas páxinas encantadoras, desde un punto de vista puramente imaxinario, inspiraron a Bailly. Faláballe das guerras deses pobos heroicos e argumentaba a cuestión da Atlántida como home a quen xa non lle é posible pola en dúbida. Pero Conseil, distraído, non me escoitaba apenas, e a súa indiferenza ante este tema histórico tiña unha fácil explicación. En efecto, numerosos peixes atraían as súas miradas, e cando pasaban peixes, Conseil, arrastrado aos abismos da clasificación, saía do mundo real. Obrigado vinme a seguirlle e a renovar así con el os nosos estudos ictiolóxicos. Aqueles peixes do Atlántico non diferían sensiblemente dos que observaramos até entón. Raias dun tamaño xigantesco, de cinco metros de lonxitude, dotadas dunha gran forza muscular que lles permitía lanzarse por encima das ondas; escualos de diversas especies, entre outros unha tintoreira de quince pés, de dentes triangulares e agudos, cunha transparencia ca facía case invisible no medio da auga; sagros escuros, humantinos en forma de prismas e acoirazados cunha pel con escamas en forma de tubérculos; esturións, similares aos do Mediterráneo; singnatos trompetas, dun pé e medio de lonxitude, de cores amarelo e marrón, provistos de pequenas aletas grises, sen dentes nin lingua, que desfilaban como finas e flexibles serpes. Entre os peixes óseos, Conseil anotou os makairas negruzcos, de tres metros de longo e armados na súa mandíbula superior dunha penetrante espada; peces de vivas cores, coñecidos na época de Aristóteles co nome de dragóns mariños, e con aguillóns dorsais moi perigosos; llampugas de dorso escuro asucado por pequenas raias azuis e cos flancos de ouro; fermosas douradas; peces-lúa, como discos con reflexos azulados que se tornaban en manchas prateadas baixo a iluminación dos raios solares; peces-espada de oito metros de lonxitude, que ían en grupo, con aletas amareladas recortadas en forma de fouces e espadas de seis pés de lonxitude, animais intrépidos, máis ben herbívoros que piscívoros, que obedecían ao menor sinal das súas femias como maridos ben amaestrados.
Pero a observación deses especímenes da fauna mariña non me impedía examinar as longas chairas da Atlántida. Ás veces, os caprichosos accidentes do chan obrigaban ao Nautilus a diminuír a súa velocidade e a deslizarse, coa pericia dun cetáceo, por estreitos pasos entre os outeiros. Cando o labirinto facíase inextricable, o aparello elevábase como un aeróstato e, unha vez franqueado o obstáculo, recuperaba a súa rápida marcha a algúns metros do fondo. Admirable e magnífica navegación que lembraba as manobras dun paseo aerostático, coa diferenza de que o Nautilus obedecía sumisamente á man do seu temoneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.