15 de xaneiro de 2017

PEDRO DE PORTUGAL

PEDRO DE PORTUGAL,
D.,CONDE DE BARCELOS [B 1431 / V 1041]

Mandei pedir noutro día
un alão a Paai Varela
pera ua mia cadela,
e diss'el que mi o daría;
e, per como mi o el dá,
eu ben cuido que verrá
quand'aquí veer Messía.

Outrossí Pero Marinho
dous sabujos mi ha mandado
lá da terra de Condado;
e disse-me un seu mininho
que ben certo foss'eu disto:
pois veer o Antre-Cristo,
verrá con el per caminho.

Eu non foi homen de siso,
u m'as promessas fazían,
duvidando ca verrían;
e entolha-xe-me riso
de que o foi duvidando:
pois ja sei que verrán quando
for Judas no Paraíso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario