20 de xaneiro de 2017

Fragmento de Branca de Loboso

Texto de Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) tal día como hoxe, 20 de xaneiro, de 1949.

Branca de Loboso era muller intelixente, formada sobre todo na lectura das cousas e de tempero lúdico. Chegou a ter unha instrucción nada común naquela época, mesmo en persoas de elevada posición social e título. A súa experiencia de vida foi certamente rica, claro que en parte como consecuencia das circunstancias e condicións extremas en que os seus familiares e achegados lle puxeron a existencia. Madureceu maiormente a poder de sufrimento, a golpes de tortura física e psicolóxica, e causa admiración que conservase a lucidez e non virase presa da loucura despois de tantos anos de auténtico martirio. Tal vez a maquinaria cruel da Inquisición, anque a altísimo prezo, lle axudou a percibir certos datos esenciais do entramado da vida do seu tempo, a distinguir moi ben a senrazón do bo xuízo e a preservar a súa autonomía relativa, o seu criterio persoal e insobornable, dos poderosos, alambicados e temibles proce-deres que trataron de engulila.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.