O NACEMENTO DUN VENDEDOR
James Triptee Jr.
- Señor Marmon; o noso despacho non é unha garantía. Non o pode protexer contra factores descoñecidos, só contra o que coñecemos. Co transmisor de envíos unindo novas culturas cada semana, aparecen constantemente novos factores. A ilustración da etiqueta que vostede tiña, a de letras vermellas, é un dos factores coñecidos na ruta. O seu produto sería gravemente danado por mordisqueo en Capella se eses cartóns pasasen por aí, iso sabémolo.
Vostede estaría no seu dereito de culparnos se as deixamos pasar. Pero non debería ter problemas en Candlepower, temos un nativo de Candlepower no noso equipo alieníxena e el aprobou o seu produto. Hai só dúas posibilidades: é un problema de transporte, mal funcionamento ou folga, nese caso nós non temos nada que ver..., ou vostede cambiou o produto.
- O produto non foi cambiado de ningún modo! Mire! - deixou caer un sinxelo cubo negro e un engurrado formulario de mensaxes sobre o escritorio de Benedict.
- «Seis casos de fuga depresiva augada entre os tripulantes de transferencia. Tripulación de substitución afectada. Néganse a traballar. Mantéñense á expectativa». Vostede cambiou o produto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.