27 de xaneiro de 2017

Inicio de O DEUS DO CUENCO

O DEUS DO CUENCO
ROBERT E. HOWARD


Arus, o garda nocturno, aferrou a súa ballesta con mans temblorosas e sentiu unhas pequenas pingas de pegañenta suor sobre a súa pel mentres contemplaba o horrible cadáver que xacía sobre o chan resplandecente. É profundamente desagradable atoparse coa Morte a medianoite nun lugar solitario.

O gardián achábase nun amplo corredor iluminado por enormes veas colocadas nos nichos que había nas paredes. Entre un nicho e outro, os muros aparecían cubertos de tapices de veludo negro, e entre estes colgaban escudos e armas cruzadas con formas fantásticas. Tamén había, aquí e alá, imaxes de estraños deuses; tratábase de figuras talladas en pedra ou en madeiras raras, ou ben fundidas en bronce, ferro ou prata, que se reflectían tenuemente no relucente chan negro.

Arus sentiu un calafrío. Aínda non se habituara ao lugar, aínda que levaba varios meses traballando alí como gardián. Era un lugar fantástico, un gran museo e galería de antigüidades que a xente chamaba o Templo de Kallian Publico, un edificio cheo de obxectos raros traídos de todos os recunchos do mundo. Agora, na soidade da medianoite, Arus estaba en pé no inmenso e silencioso salón e observaba o cadáver tirado de quen fora o rico e poderoso propietario do Templo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.