21 de xaneiro de 2017

Inicio de A RAÍZ DE AMPOI

A Raiz De Ampoi
Clark Ashton Smith

Un Circo chegara a Auburn. O apartadero da estación estaba abarrotado con longas filas de carros desde as que xurdían ruxidos exóticos, gruñidos, maullidos e trompeteos. Elefantes, cebras e dromedarios eran conducidos ao longo das rúas principais, e moitos dos monstros e os artistas
vagabundeaban pola cidade.
Dúas mulleres barbudas pasaron ao meu lado, co aire grácil e a maneira de andar das mulleres que están á moda. Despois pasou toda unha tropa de ananos, andando co aspecto de tristes nenos sofisticados.
Entón, pasou o xigante, quen medía máis de dous metros e medio e tiña unha constitución magnífica, sen o menor signo da desproporción que frecuentemente acompaña ao xigantismo. Era simplemente un fermoso espécime de home ordinario, algo maior do tamaño habitual.
E mesmo a primeira vista, había algo nas súas faccións que suxería un mariñeiro.
Son médico, e o home provocou a miña curiosidade profesional. A súa altura e masa anormais, sen rastro de acromegalia, era algo que nunca me atopara antes.
Debeu de notar o meu interese, porque me devolveu a mirada coa especulación nos seus ollos; e entón, avanzando como un mariñeiro, achegouse até min.
-Digo, señor, podería unha persoa botar un grolo nesta cidade de vostedes? -preguntou precavido.
Tomei rapidamente unha decisión.
-Veña comigo -contestei-; son alópata; e podo darme conta, sen que mo diga, de que vostede está enfermo.
Atopabámonos a unha mazá da miña consulta. Orientei ao xigante subindo polas escaleiras e entrando no meu santuario privado. Case enchía por completo o lugar, mesmo cando sentou seguindo o meu rogo. Saquei unha botella de güisqui e servín unha ración xenerosa nun vaso ante el. Bebeuno dun grolo con manifesta aprobación. Tivera un aire de suave melancolía cando me atopara; agora parecía animarse.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario