13 de xaneiro de 2017

Fragmento de Pensa Nao, de Anxo Angueira

Fragmento de Pensa Nao, de Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961.

O forno está frío e a lareira apagada. A muller nun tallo e Rosende tutando debruzado enriba da artesa.
-¿Escríbesme, Rosende?
Pero Rosende dorme.
A muller vai do tallo para o regazo do forno e dicta ollando envisa para un lume que non hai.

Sernanselle, Santiago 20 de 1936.
Querido fillo Ramón:

Non veñas, Ramón, non veñas. Viñeron os lobos e andan pola aldea de porta en porta. Con eles viña o crego, o noso creguiño novo, que non se pode decere. Agora xa non se pode decere ren.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario