Todo quedou en silencio despois das detonacións. Era un silencio tenso, abraiante. Os catro falanxistas, cando oíron os disparos, parapetáronse ás carreiras. O perigo semellaba evidente e permanecían agachados, bañados en suor, mirando para aquí e para alá, tentando de esculca-los arredores, coas armas a punto. Incluso a mestra tremeceu cando se oíron os tiros, coma se acordase dun pesadelo alucinado.
Pouco despois, outros dous disparos continuados, anque máis espaciados cós primeiros, resoaron nas proximidades do lugar.
Os seus ecos foron repetíndose, secos, aguzados e abrouxantes, polos cumes, as valgadas e os regatos, coma se fosen cen ou duascentas as descar-gas feitas. Non se podía saber con exactitude de onde viñan, pero desde logo non de moi lonxe.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.