10 de xaneiro de 2017

A escultura e os relevos neolíticos

A escultura e os relevos neolíticos.
As primeiras manifestacións escultóricas neolíticas están relacionadas cos cultos funerarios e teñen un carácter simbólico.
As representacións femininas relacionadas coa maternidade atópanse tanto na zona do Próximo Oriente como no ámbito europeo.

A invención da cerámica durante o Neolítico.

Unha espectacular novidade técnica do Neolítico consistiu na invención da cerámica. Existían desde moi antigo os recipientes de pedra, pero as vasillas propiamente ditas para conter non se fabricaron até este momento.
O dominio do barro e o seu emprego para producir olaría, seguramente, como outros grandes inventos da humanidade, foi froito da casualidade. Moi pronto a cerámica xeneralizouse en todas as culturas neolíticas, servindo para diferenciar as súas distintas fases, pois, as modas impuxeron cambios na decoración (impresa, incisa, excisa, pintada), a forma ou o número de asas, e mesmo a da vasilla en si.

Ningún comentario:

Publicar un comentario