18 de xaneiro de 2017

Inicio de O GRUPO "BEAT"

O GRUPO "BEAT"
Fritz Leiber

Cando chegou a orde de desafiuzamento, Fats Jordan estaba, colgando, no centro do Gran Globo de Cristal, apertando a guitarra contra o seu pronunciado bandullo negro que sobresaía, por encima dos seus curtos pantalóns de púrpura.
O Gran Igloo, como se chamaba con frecuencia ao enorme globo vivente, non estaba, en realidade, feito de cristal. Era de seda hermética, un material barato e flexible, case tan transparente como o sílice fundido e dez mil veces máis duro o suficientemente duro como para manter unha presión de aire respirable no forte baleiro do espazo.
Máis aló da parede esférica se balanceaban as outras bólas, algo máis pequenas, do Grupo «Beat», unidas unhas con outras e co Gran Igloo por túneles cilíndricos dun metro de diámetro, de seda hermética tintada de tripla forza.
Neles flotaban ou nadaban un conxunto de persoas vestidas caprichosamente e dedicadas a actividades convenientes á caída libre: durmir, tomar baños de sol, coidar algas (esponxosos recipientes «oscilantes» de auga, fertilizante e materia verde chamada «guk»), cultivaban fermento (un asunto bastante similar), ler, estudar e discutir mirando as estrelas. Para variar, ás veces meditaban, pasaban o tempo con xogos (especialmente un que tiña lugar dentro do recinto dun globo baleiro), ou bailando, en creación artística con numerosos medios e na produción de doces sons (instrumentos musicais que non dependen da gravidade).
Suxeito ao Grupo «Beat» por dous tules, en certo xeito maiores, de seda hermética e ocultando unha oitava parte do negro ceo salpicado de estrelas, estaba a masa recortada de aluminio do Satélite de Investigacións Un, brillando agora ante a crúa luz do sol.
Principalmente era esta luz do sol reflectida polo satélite, ao que agora iluminaba a Fats Jordan e aos «flotantes» no Grupo «Beat». Un enorme edredón solar estaba estendido desaliñadamente (quedando pouco máis ou menos onde se lle colocou, como todos os obxectos en caída libre) contra a maior parte do interior do Gran Igloo, lonxe do satélite o edredón era unha serile de retais de cores e de materiais pola parte interior, pero prateada polo seu lado externo, como mostraban os bordos do dobladiño e as esquinas. Similares «Mantas Hollywood» protexían aos outros Igloos dos indesexables efectos da calor debida á excesiva luz solar e, claro, bloqueaban da vista o disco do astro rei.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario