11 de novembro de 2016

San Martiño

Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.

Martiño de Tours, naceu en Sabaria, Panonia (hoxe Szombathely) Hungría no ano 316 e finou en Candes, Francia, no ano 397, é o patrón da diocese de Ourense.

Fillo dun tribuno militar romano, seguiu a carreira militar no exército romano, ocupación que abandonou con posterioridade para dedicarse á vida relixiosa.



Sulpicio Severo descríbeo como un home alegre e indulxente, manso e forte, querido polas xentes sinxelas. Isto levou a que, con ocasión dunha visita á catedral de Tours para acudir a un enfermo, o pobo o aclamase como bispo. Contra súa vontade, por considerarse indigno de tal ministerio, foi elixido como bispo da cidade de Tours no ano 370. A representación que de el ás veces se fai cun ganso, deriva da lenda verbo deste episodio: fuxindo da multitude que o aclamaba, ocultouse onda un ganso que, ao grallar, revelou o seu agocho.

A todo porquiño chégalle o seu San Martíño é un dito que alude ao desexo de que cada cal recibirá no seu momento a resposta polos actos cometidos. A festividade se celebra o 11 de novembro e é cando ten lugar a matanza do porco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.