17 de novembro de 2016

O xabaril branco

Fragmento de O xabaril branco, de Xosé Benito Calvo Rego, nado en La Guaira (Venezuela) o 17 de novembro de 1954, xornalista e escritor galego, coñecido como Tucho Calvo.

A TERRA PROMETIDA

Non houbo festa ó chegaren a Bos Aires. Amoreados en cuberta ata logo non se poder mover, medio aterecidos por un frío que se fora botando a máis nos últimos días, a expectación era tanta, e tantísimo o medo a enfrontarse coa terra descoñecida, que durante horas non se sentiu un chío entre a pasaxe. Só a presencia no peirao dos que agardaban a familiares axitando os brazos e berrando foi quen de racha-lo silencio e devolve-lo barullo á cuberta.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario