Amosando publicacións coa etiqueta Actividade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividade. Amosar todas as publicacións

5 de agosto de 2026

Sabes a que oba pertence este fragmento?

Cando o seu hóspede marchou, o Xuíz Santini deixouse caer pesadamente cara atrás. Esta noite estaba canso, máis canso do que lembraba estar nunca. E persistía aínda o recordo daquela dor, moi fondo dentro do seu peito.

Só faltaban dúas semanas para o ano novo. Século novo, tamén. Resultaría estraño escribir dous mil no canto de mil novecentos e pico, como fixera toda a súa vida.

1 de xaneiro de 2000. Por algún motivo parecía unha data rara. Fixo soar a campanilla para que acudise Rosa e déselle o seu medicamento. Canto deste novo século vería? O pensamento resultaba moi deprimente.

Na silenciosa habitación, o tic-tac do anticuado reloxo soaba moi forte.


16 de maio de 2026

Rosalía

"Gardados estaban, ben podo dicir que para sempre, estes versos (...), cando non sen verdadeira pena, vellos compromisos obrigáronme a xuntalos de presa". 

Así inicia Rosalía de Castro as súas palabras previas á primeira edición en 1880, en La Habana, do seu libro de versos en galego Follas Novas. Desde aquela, os amantes da poesía galega de Rosalía divídense entre aqueles que prefiren Cantares gallegos ou os que se manifestan a favor de Follas Novas como a principal obra en galego de Rosalía Castro. 

23 de marzo de 2026

Pregunta


No mundo da cultura e a lectura... que se celebraba o pasado 21 de marzo?
      

10 de marzo de 2026

Día da Muller e Martes de Xadrez

O domingo foi o Día da Muller.

Seguro que coñeces unha actividade deportiva onde da o mesmo ser muller o home.

De feito no último Torneo de Nadal no Centro Comercial Los Rosales, dúas das catro categorías en xogo foron gañadas por mulleres.

E lembra que é Martes de Xadrez grazas á axuda da Deputación da Coruña.

20 de xaneiro de 2026

Torneo de Lentas de Imbolc

Do mesmo xeito que o realizado nos dous anos anteriores, iniciamos nos Martes de Xadrez o periodo de adaptación á Liga Galega de Xadrez. 

A principios de ano esta competición, á que se suman outras probas por equipos e os torneos escolares da Xunta, centra a vida do xadrez galego.

Como a Liga é a un ritmo mais lento, retomamos nos Martes de Xadrez, as partidas lentas.

Os xogadores tamén poderám anotar as partidas para que poidan facer analise despois dos seus acertos e erros durante as mesmas. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.

TORNEO DE XADREZ DE IMBOLC

En relación aos realizados anteriormene haberá uns pequenos cambios, mantendo o nome de Imbolc, unha antiga festividade céltica que se celebraba na noite do día 1 de febreiro, con festas que seguramente son as antecesoras de parte da actuais do día da Candaloria en distintos paises europeos.

Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador

Días de xogo:
Xaneiro: 20 e 25 / Febreiro: 3, 10 e 24. 
Asñi que recuperamos as cinco roldas de hai dous anos, en vez de seis, para rematar pouco despois do Entroido (onde teremos mais actividades).

Horario das partidas: 19,15 en adiante.

Emparellamentos: Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a participación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda realizaranse cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento.

Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que estean presentes no emparellamento semanal.

Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.

Premios: O gañador do torneo levará un trofeo como vencedor desta actividade lúdica.

13 de xaneiro de 2026

Martes de Xadrez

Tras o parón do Nadal retomamos os Martes de Xadrez.

De 19,00 a 20,30 no Centro Comercial Los Rosales. 

28 de novembro de 2025

Xornadas Lúdicas de Nadal

O día 1 de decembro iniciamos un ano mais as Xornadas Lúdicas de Nadal.

Participa nas nosas actividades!

25 de novembro de 2025

Torneo de Nadal de xadrez

O Torneo de Nadal chega a súa 14ª edición e será o día 13 de decembro.

Esta semana publicaremos as bases e formulario de inscrición.

18 de novembro de 2025

Martes de Xadrez

Este martes temos como sempre actividade de xadrez nos Rosales.

Realizaremos un torneo amigable lembando que o día 19 foi para algúns pais o día do xadrez por copincidir co nacemento de Capablanca.

Lembra; de 19,00 a 20,30.

6 de novembro de 2025

Torneos de Outono

Lembramos que esta fin de semana celébranse os diferentes Torneos de Outono no Centro Comercial Los Rosales, onde o xadrez universitario programa unha das súas probas mais antigas. 

4 de novembro de 2025

Hoxe temos martes de xadrez

Lembra que hoxe temos Martes de Xadrez de 19,00 a 20,30.

Na semana do aniversario do Centro Comercial Los Rosales, o venres e sábado o CIDU organiza os Torneos de Outono.

Información na súa web.

28 de outubro de 2025

Martes de Xadrez

Lembra que hoxe temos un novo martes de xadrez.

No Centro Comercial Los Rosales.

Gratuito grazas á Deputación da Coruña.

21 de outubro de 2025

14 de outubro de 2025

Martes de Xadrez

Lembra que hoxe martes temos a actividade no Centro Comercial Los Rosales.

Ven xogar xadrez libremente coa presenza dun monitor para solventar dúbidas.

Actividade de balde grazas á Deputación da Coruña.

23 de setembro de 2025

Martes de Xadrez

Hoxe dende as 19,00 no Centro Comercial Los Rosales.

Co apoio da Deputación da Coruña.


19 de setembro de 2025

Martes de xadrez

Como moitos ben sabedes non estamos no noso mellor momento, pero o martes volvemos cos Martes de Xadrez.
19,00 no Centro Comercial Los Rosales.
E de balde grazas á axuda da Deputación da Coruña.

11 de xullo de 2025

Semana de xadrez

Tras tres semanas sen actividade o luns 21 retomaremos as nosas actividades no Centro Comercial Los Rosales.

O Día 20 de xullo é o Día Mundial de Xadrez e para festexalo, como xa fixemos o ano pasado, realizaremos actividades de luns a xoves.

Nos próximos días publicaremos o calendario de actividades a realizar polas tardes dos días indicados.

20 de xuño de 2025

Tardes de xadrez

Como nos anos anteriores no mes se xuño temos unha semana especial de actividade. Este ano un tanto especial.

Lembramos que grazas á Deputación da Coruña e ao Centro Comercial Los Rosales, as actividades son de balde.

TARDES DE XADREZ FOGUEIRAS DE SAN PEDRO

Sábado 21
Apertura da Sala de Xadrez de 17,00-20,00
Partidas libres de xadrez. Xornada Lúdica Fin de Curso. Preparación da sala para Torneo.

20,00:Torneo Domingos Merino. Esta actividade non é propia. É necesario inscribirse e estar federado. Información completa en www.clubludo.com

Luns 23
Apertura da Sala de Xadrez de 17,00-20,00
Partidas libres de xadrez. Torneo lóstrego de San Xoán ás 18,30. Trofeo para o vencedor.

Mércores 25
Apertura da Sala de Xadrez de 17,00-20,00
Partidas libres de xadrez. Animación a participar no Concurso de Relatos dos Irmandiños.

Xoves 26
Apertura da Sala de Xadrez de 17,00-20,00
Partidas libres de xadrez. Actividade especial con Lichess. Explicación de posibilidades e concurso de problemas.

Venres 27
Apertura da Sala de Xadrez de 17,00-20,00
Partidas libres de xadrez. Práctica de finais.
20:00: Torneo Fogueiras de San Pedro ritmo lóstrego. Trofeo para os tres primeiros.

18 de xuño de 2025

Agradecemento á deputación

Hoxe queremos dar as Grazas á Deputación da Coruña.

A súa axuda xunto ao patrocinio e cesión de local do Centro Comercial Los Rosales, permitirá manter neste 2025 as numerosas actividades de balde que realizamos durante todo o ano.

Isto inclúe dous dos torneos con mais participación da cidade; o de Primavera recentemente realizado e o de Nadal e actividades todas as semanas de setembro a maio e actuacións en todos os periodos non lectivos.

Ademais o local do Centro Comercial serve de espazo de xogo a distintos clubs na Liga Galega de Xadrez ou se deixa para torneos doutras entidades, como teremos este sábado ou houbo hai poucas semanas co Torneo dos veciños do barrio.

Grazas por permitir esta actividade!