14 de novembro de 2016

A procesión da destrución

A procesión da destrución

É de noite, atópome na parte nova dunha cidade, anchas rúas, modernos edificios e unha contorna prefabricada.

Ao meu lado estaba a se mover algo enorme, un enorme altar do ancho de toda unha avenida e do alto dun par de camións. Era de ferro macizo pero pintado de cor vermella. No seu centro había un home corpulento cos brazos abertos mirando ao ceo e conxurando uns canticos. Levaba unha capa vermella e colgaba centos de xoias douradas por ela.

O altar estaba movido por todo unha marea de criaturas maléficas, detrás do altar seguíalle toda unha procesión de seres infames, camiñaban como zombis atraídos polo cántico do seu chamán.

Cos canticos do chamán a cidade desgarrabase, aos lados da procesión todo explotaba, xurdían a cada intre unhas esferas amarelas nos cimentos dos edificios, explotaban e podía ver os cimentos voar.

Alucinado permanecín varios minutos, despois empecei correr.

Chegue á parte da cidade máis antiga, as rúas eran estreitas, as casas de pedra e as portas de madeira restaurada. Parei a miña carreira cando escoitei doutra rúa a discusión de dous policías, dicían que non se podían permitir ver a ninguén fóra, había unha praga que non debía pasar á cidadanía. Sabía pois que se me collían non quedaría sen castigo.

Escápome da cidade, corrin desesperado polos prados das aforas, choque con varios peches de arames, caio cada pouco pero o meu alcanzo o meu obxectivo de alcanzar a cima. Nela atopei a un home, tamén escapaba, non das explosións, nin da policía. Escapa dos animais, todos os animais da zona infectáranse.

Empezamos a camiñar cara a unha cabana moderna que coñecía o home. No camiño empezamos a notar a presenza, estaban a rodearnos, un rabaño enorme de ovellas, cabras, até os propios lobos, mirándonos agachando a cabeza cunha mirada sinistra. Camiñaban achegándose lentos e torpes como na procesión.

Dámonos metido dentro da cabana, máis ben era un cubículo dun metro cadrado cun par de andeis. O home busca nelas un espray para botarlles aos animais.

Eu miro fora tentando escorrentarlles, cando están preto vexo algo diferente nas súas pelames, a súa pel converteuse en area, area grosa e fácil de desfacer como a que forma unha pastilla da lavadora, a cor era branca e azul.

Cando os cranios deses animais xa estaban a piques de facerme un saúdo esquimal, o home sacou o seu espray e asperxeunos un pouco.

O antidot expandiuse, os animais aínda quedaran perplexos sen reaccionar, a súa pelame natural tamén se recuperou.

El senta no cuarto a descansar e entón eu saco unha tixola cunha tortilla de patacas cocidas recentemente quentada,

-Nesta tortilla metin algo da ovella que tiña aquí á beira, imos probala a ver como esta?.

El sen dicir un chío dime que non por medo a que persista algún resto da peste dentro, eu con todo arrinco un anaco e á boca.

DRD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.